Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Las nostalgias
Este pingas ou relato estou a escribilo só cos ollos. Como o digo! Hai tres meses boteille peito ó asunto para poñerme diante dun coche e que me atropelase. Deume por intentar saber que pasa... que pasaba ó morrer. Por desgraza non me matou. Deixoume eivado, tollido. E, o peor, de por vida. Dobre infortunio: non morrer e non me poder mover. Non movo nada. Síntome impotente.
Teño unha muller que me coida porque miña familia non quixo saber nada de min
Tan só movo os ollos. Grazas a isto (dar as grazas por mover só os ollos tamén me parece unha carallada), unha muller que me coida ponme diante deles un ordenador. Prepárame ben a páxina na que quero escribir e empezo. Miro tan intensamente a tecla da letra que quero escribir que, por medo, por arte de maxia ou pola forza da miña mirada, esa plásmase sobre a páxina. E así unha detrás doutra. Como non podo falar (non consigo nin mover a lingua), para marcar o espazo dunha palabra a outra, aí si que viro o cu por riba da cabeza para mover a gran tecla do espazador. Certo que cando a muller que me coida adiviña, intúe, presente que haberá espazo entre palabras, ela mesmo lle dá á tecla. Porén, a maioría das veces teño que facelo eu, pois, ela, mentres escribo, fochica pola habitación.
Teño unha muller que me coida porque miña familia non quixo saber nada de min, e non por quedar tollido ou impedido de por vida, senón pola arroutada que me deu. Que o que fixen non procede nun ser normal. Non llo tomei a mal; é máis, cando me abandonaron, brilláronme os ollos coa emoción. Co a gusto que se está só e sen facer nada...
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Las nostalgias
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Ofelia Cardo exorciza las sombras del pasado
Emilio R. Portabales
TRIBUNA
Pasado, presente e futuro dos Coros Galegos
DIARIO LEGAL
¿Camino público o serventía?
Lo último