Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Unha chamada inesperada dun amigo, como querendo xustificarse, dime que deixa responsabilidades no Concello e que vaise pra casa. Eu respóndo: pero, cando todos os que vos enbarcastes no asunto, ou sexa en DO, non sabíades como era o persoeiro que agora denunciades? Silencio e logo excusas.
Esta cuestión lévame a matinar sobor dun sabio refrán galego que di: E logo ise rapaz, quén ven sendo? Esta pregunta faise antes de embarcamos nun proxecto ou de tomar unha decisión importante. Trátase de saber con quen vas a traballar.
Pois ben, despois de ver os tristes e escuros acontecementos no goberno do Concello, calquer cidadán pode pensar que os que entraron no xogo de meterse nun chiringuito político que segundo dicia: nin de dereitas nin de esquerdas, fixérono por algunha destas dúas cuestións: a primeira e a máis suave, porque eran moi inxénuos e confiaban no persoeiro e querían colaborar, ademais de buscar notoriedade social; e a outra porque vían a oportunidade de medrar en ámetos da vida incluíndo o económico.
Por eso, agora cando saiu á luz o que se comentaba nas reunións e nos cafés, chámame a atención que os incondicionais que nalgún intre dixeron: Dale caña Jácome referíndose os políticos que gobernaban, ou, contigo ata a morte Gonzálo, ao ver que pintan bastos plegan alas e fuxen ou actúan querendo aparecer como xente con ética e principios. Cousas veredes. Pero o panorama que se percibe é fodido.
Que centos de ourensás xa sabían que o proxecto de DO era un asunto que xiraba arredor dunha persoa e que ésta controlaba todo non era un segredo. Sabían das ánsias de poder dun aspirante a ditador; tamén sabían que pouco se podía quitar de onde só había verborrea etc. Polo tanto, o asunto era un proxecto personalista que medrou arredor de denunciar a todo quisqui sen probas e buscando soamente publicidade. E deso o avogado tamén era partícipe activo, aínda que agora queira aparecer como un tipo con ética.
Mais, en política, a necesidade, as veces, por intereses fai casamentos que soamente son de comenencia. E despois dun ano e pico no poder, os asinantes do comunicado levan á xustiza ó xusticieiro alcalde. Paradoxas da vida, ou ambicións de poder. Todo é posibel. O certo é que o concello camiña á deriva como unha dorna sen rumbo.
E agora, como se pode desfacer tan vergoñento lío se o actual alcalde non dimite?
O máis normal sería unha moción de censura. Ben, e os votos? Non chegan sen contar coa axuda da oposición. A saída, ou fuxida, do concelleiro de cultura debuxa un panorama moito máis complexo e dificil de xestionar do que se esperaba. Panorama que nos pode levar a catro anos máis de paralise municipal. Por iso e moi necesario que pra que non siga o esperpento na casa de todos que polo ben de Ourense o señor Gonzalo Jácome teña a elegancia que non amosa nas comparecencia públicas e se aparte e deixe o seu escano. A cidade precisa xente con cordura e sería que a goberne.
En fin, mentres os populares calan e tragan sapos, pois son complices deste sainete, o Concello esta desgobernado e toda a cidade nun desleixo total.
Quen a ferro mata a ferro morre. Esperemos que alguen poña sentidiño e no haxa que aguantar tres anos esta situación tan degradante.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
FÚTBOL SALA FEMENINO
El Ontime vuelve a la liga listo para estrenarse fuera
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas