Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
El Archivo Llanos de Ribadavia y las fotos de la campaña de África
O vinteoito de xuño de 1936 o pobo galego aprobou case por unanimidade o proxecto de estatuto de autonomía para Galicia. O quince de xullo o comité central da autonomía de Galicia entregou o proxecto ao presidente das Cortes, que non pudo aprobalo definitivamente como consecuencia da Guerra Civil. Esta circunstancia fala alto e claro da nosa nacionalidade histórica, nas antípodas do “café para todos” da actual etapa constitucional (confesoume Antonio Beteta que atopara nos caixóns da Secretaría de Estado para as administracións públicas un borrador de proxecto de autonomía de “Güamato”, correspondente ás provincias de Güadalajara, Madrid e Toledo). Un férreo alicerce do actual marco que cumplíu corenta e catro anos en 2025: o estatuto de autonomía para Galicia. Sí: “para” e non “de”. Unha preposición que define a condición de lei orgánica (a 1/1981 de seis de abril) outorgada polas Cortes Xerais do Estado.
O vinteoito de xuño de 1984, 34 anos despois da súa morte, os restos de Castelao voltaron a Galicia e repousan dende entón no Panteón dos Galegos Ilustres. Unha figura imprescindible no panorama político e cultural de Galicia, impulsor daquel estatuto de 1936. En Bos Aires fixo todo o que sabemos grazas ao ourensán Rodolfo Prada Chamochín, un home dos Peares providencial para o galeguismo, que lle deu a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao morada, alimentación e soporte vital na Arxentina, sendo o seu albacea testamentario. Inolvidable estar no seu despacho no “Centro Orensano” e tamén ao carón da cama da habitación 202 do hospital do Centro Gallego (Belgrano 2199) onde finou o sete de xaneiro de 1950. Para a reflexión quedará cómo os “laboratorios do Doctor Andreu”, para quen traballaba Chamochín en Sudamérica, foron clave para reorganizar o galeguismo dos lugares polos que pasaba.
Síntome profundamente orgulloso de facer posible que “A derradeira leición do mestre”, obra pictórica de Castelao encargada por Chamochín, estivera en Ourense e na presenza dos restos mortais de Rodolfo, no Pazo Provincial para quen a quixo contemplar na nosa Auria blancoamoriana.
Restos de Rodolfo Prada, que descansan no cemiterio de Casdavil na Peroxa, cumprindo as condicións que puxera para voltar a Galicia: “que fora democrática e con goberno proprio”. Un acto histórico onde participaron a neta de Chamochín, María Elena Prada, e a filla de Alexandre Bóveda, Amelia, a quen Castelao dedicara “a derradeira leición do mestre”. Abofé que pechamos o círculo.
Pois neste 2025, declarado ano Castelao pola Xunta de Galicia por cumprirse setenta e cinco anos da súa morte, o pasado tamén vinteoito de xuño entregáronse as Medallas que levan o nome dun dos fundadores da Galicia contemporánea, na Iglesia de San Domingos de Bonaval onde Castelao repousa perto de Rosalía de Castro. E aproveito e parabenizo a Miguel Santalices o impulso e recoñecemento que outorga a Lei 5/2023, de 4 de agosto, do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, a este símbolo da identidade do pobo galego e da súa continuidade histórica. Gran achega da Casa de tódolos galegos –o noso Parlamento-, na que tiven a honra de servir tres lexislaturas.
Nese acto de entrega das medallas sentín orgullo de país, non había sitio nin evento mellor para percibilo. A institucionalidade e sinxeleza por bandeira, aderezada por pegadas musicais a cargo de Miriam Rodríguez. A ´Lela” composta por Castelao para “Os vellos non deben namorarse” e o noso himno –as dúas primeiras partes do poema “Os Pinos” de Eduardo Pondal”, cantadas por completo as súas catro estrofas tal e como consagra a disposición adicional terceira da Lei 5/1984, do 29 de maio, de símbolos de Galicia, sendo Presidente da Xunta de Galicia Gerardo Fernández Albor e co voto a favor do deputado Mariano Rajoy (neto de Enrique Rajoy Leloup, promotor e redactor do mentado estatuto galego de 1936). Marabilla ver a Alfonso Rueda, presidente da Xunta, coñecelo e entonalo íntegramente.
Aconsello ver a retransmisión que fixo do acto a Televisión Galega para dimensionar as certeiras e acaídas intervencións dos galardonados.
Dende Bieito Romero, líder de Lúar na Lubre, fillo adoptivo de Esgos, ata Víctor Freixanes, intelectual tamén moi cercano a Ourense dada a súa condición de expresidente do Padroado da Fundación Otero Pedrayo. Loubar as verbas da doutora Rosa Rodríguez, sen papeis pero ateigada de cordura, representando aos profesionais da atención primaria en Galicia. Escoitar a Emilio Pérez Nieto: un exemplo de xestión, rigor e internacionalización empresarial dende Ourense para o mundo. Por suposto moita emoción coas verbas de Susi Seoane, vicepresidente da asociación galega de ELA. A miña memoria xunguíu ese momento e circunstancias coa entrega da Medalla Castelao en 2022 a Marcos Valcárcel, cuxo nome puxemos ao centro cultural máis importante da provincia, que tamén daquela, como fixo Freixanes nesta volta, falou da importancia fulcral da nosa língua galega. Non esquezamos que Galicia posúe características, podemos xogar con Max Weber, que poden definir a unha nación: territorio, poboación e língua. Fica claro que, en España e segundo establece o punto segundo do artigo primeiro da Constitución, a soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado.
En definitiva un gran momento para lembrar a xa mítica frase do xenial rianxeiro :“o verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideas en feitos”. Parabéns de lei a tódolos galardonados porque ennoblecen ás Medallas. Tras esas traxectorias hai moito de inxenio, de sagacidade pero tamén moito esforzo e sacrificio. Por iso tamén remato cunha frase de Pérez Nieto: “cando ún traballa nótase; e cando non traballa nótase moito máis”. E nas cinco Medallas Castelao deste ano nótase. Orgullo de país.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
El Archivo Llanos de Ribadavia y las fotos de la campaña de África
Roberto González
Prevención contra absentismo e rotación laboral
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Desorden
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Motores de combustión
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 23 de diciembre?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este martes, 23 de diciembre, en Ourense
CONSULTA EL DOCUMENTO
Hacienda congela, otra vez, los fondos al Concello de Ourense