José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Tiempo de Semana Verde en Galicia
PINGAS DE ORBALLO
Cun pequeno salto, Florentino Betán Bouzas, O Palanganas, plantouse no me dio da estrada e berrou: “mátame, camión!”. Como a distancia aínda era boa, O Palanganas non caera na conta de que era un tractor amarelo o que circulaba ó seu encontro. Debido a que a velocidade do tractor non ten nada que ver coa do camión -aínda que, a deste, tampouco sexa moito máis-, Florentino, O Palanganas, optou por non seguir esperando. Nunca tivo moita paciencia.
Emporiso, como tiña ganas de facer unha das súas, unha falcatruada da que xa non saíse nunca máis e da que se acordase todo o mundo, marchou correndo á pasarela do muíño para lanzarse desde ela ás augas do río Arnoia. De camiño cruzouse co Eliseo, o fillo da Erundina, A Sin Dedos (faltábanlle catro da man esquerda), e xa se puxeron a falar do partido de fútbol que viran xuntos hai dous días no bar de Antonio, O Gazpacho. O Palanganas esqueceu entón o motivo polo que se dirixía á pasarela do muíño.
Debido a que a velocidade do tractor non ten nada que ver coa do camión -aínda que, a deste, tampouco sexa moito máis-, Florentino, O Palanganas, optou por non seguir esperando. Nunca tivo moita paciencia.
Aínda sabendo que perdera a ocasión de acometer algo, díxose así mesmo de pasear un pouco polas rúas de Baños de Molgas e así poder lembrar o que realmente quería facer. E xusto cando alzou a mirada ó ceo e viu o campanario da igrexa, acordouse de todo, ou sexa, de poñerlle fin a todo. Pero tampouco puido ser porque a porta que daba ás escaleiras para subir pola torre da igrexa estaba pechada. Saíu ó atrio e, en vez de berrar, empezou a oulear coma un lobo. Aínda segue ouleando. A súa arroutada non estaba de ser.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Tiempo de Semana Verde en Galicia
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Lenguaje "soft"
Miguel Anxo Bastos
Em defensa da Temu
Mariluz Villar
mujeres
Músicas del mundo