Oxímoro Ourensán

Publicado: 23 ago 2025 - 04:10

Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

Coñecín ao Padre Silva cando participou activamente na homenaxe (1981), que a cidade de Ourense lle fixo ao profesor Manuel Sueiro Iglesias, fundador da academia General, que faleceu o ano 1962. O sacerdote, fixo no cemiterio unha intervención vehemente, coa paixón que o caracterizou toda a vida. Resaltou, como outros conferenciantes que interviren no acto, a honestidade, a profesionalidade e os valores que o homenaxeado inculcou nos alumnos que tiveron, cando foron adultos, o privilexio de converterse nos seus discípulos, en anos moi difíciles, onde imperaba a falta de liberdades imposta polo réxime fascista.

"Creo que a cidade de Ourense debe dedicar unha rúa a un xesuíta que loitou pola dignidade dos desfavorecidos, como fixo posteriormente o papa Francisco, que tamén denunciou o capitalismo salvaxe culpable, pasiva ou activamente do xenocidio do pobo Palestino"

A historia do xesuíta Xesús César Silva Méndez, (casualidades do destino o seu nome é un Oxímoro, o César e Deus na mesma moeda). Dualidade que o transformou nun visionario idealista que rescatou da miseria e da marxinación a centos de nenos/as de tódolos continentes, sen excepcións ideolóxicas ou relixiosas. Aínda que o seu sono, nunca revelado, era crear un espáceo autenticamente cristián. Unha Itaca onde Ulises conseguía para o seu pobo a felicidade sen outra referencia que os principios do Sermón da Montaña.

No ano 1956 este idealista utópico quedou profundamente impresionado da obra do sacerdote católico Edward Flanagan, que contando co patrocino da Igrexa, do exército e de numerosos filántropos conseguiu fundar a primeira cidade de rapaces e rapazas que se creou en occidente.

Silva, singular sacerdote xesuíta ourensán, revolucionario, contestatario, con forte personalidade (algúns dirán egocéntrico) cun linguaxe parecido o que sería papa Francisco, ámbolos dous foron Xesuítas ortodoxos no fondo e innovadores nas formas; pon en marcha o proxecto idílico: Unha Cidade de Rapaces/as que ninguén intentou crear na España de Franco, onde a democracia e as liberdades penalizábanse, no mellor dos casos, con prisión.

A obra nace sen o apoio das estruturas de poder da provincia de Ourense. Para sufragar os gastos da posta en marcha da nova Itaca, lanza una campaña definida polo acrónimo TRA-PA-BO-CHA (Trapos, papeis, botellas, chatarra). Como os cátaros albixense Xesús Silva representaba o Deus bondadoso, protector dos humildes cuxas accións estaban xustificadas por proceder do Ben, por riba de calquera autoridade e os que lle negaron axuda representaban o Deus da maldade o que provocou que numerosos detractores denunciaran e aplicaran con firmeza a Lei que non contemplaba a grandiosidade da obra que lembraba a aldea de Asterix pola súa singularidade cun dualismo cosmolóxico onde a obra, sobre todo a Escola de Circo solo superada pola Escola de Moscou.

A obra de Silva, morre simultaneamente coa chegada da democracia e as liberdades. Él, que colaborou cos Partidos progresistas, que toda a vida estivo comprometido cos máis necesitados, que co Circo dos Muchachos de Bemposta colocou a Ourense no mapa do Mundo. Sucumbiu ante a burocracia e as normas que nunca comprendeu.

Creo que a cidade de Ourense debe dedicar unha rúa a un xesuíta que loitou pola dignidade dos desfavorecidos, como fixo posteriormente o papa Francisco, que tamén denunciou o capitalismo salvaxe culpable, pasiva ou activamente do xenocidio do pobo Palestino. E quen está detrás dos pavorosos lumes que asolan o planeta?

Contenido patrocinado

stats