Ver a vida con claridade

Publicado: 13 dic 2024 - 00:00

“Eu son a luz do mundo: quen me segue, non andará ás escuras, senón que terá a luz da vida.” (Xoán 8:12)

Ás veces os días escuros semellan pornos tristes. É certo que hai unha beleza impresionante na melancolía dun atardecer chuvioso, pero a verdade é que a luz reflectida na nosa faciana fainos parecer moito máis brillantes.

Cando Xesús di que El é a Luz, refírese a tantas cousas que é case imposible nomealas todas. Por agora basta con recordar que a luz e a enerxía son a fonte da vida no noso universo e as dúas xorden da esencia do noso Creador, o Señor. Pero, ademais, pensa no que significa que esa Luz admirable é tamén a nosa guía no descoñecido, a calor na soidade, o sorriso brillante no medio da escuridade, a fonte de vida cando o ocaso semella vencernos, o láser que cura cando a enfermidade quere estenderse por todos os nosos membros…

Non cabe ningunha dúbida de que podemos ver todas as cousas moito mellor cando estamos cerca da Luz. Non cabe dúbida de que os nosos ollos comezan a brillar cando vemos a Xesús.

Contenido patrocinado

stats