SABÓN Y CORGA DA FECHA
Entre una cascada del Xurés y el Atlántico: dos refugios para el verano gallego
ENTEVISTA
Tras facer historia como a primeira muller en liderar a Universidade de Vigo, Carmen García Mateo (Vigo, 1963) debulla os retos do seu novo mandato. Nesta charla aborda a autonomía dos campus, a irrupción da intelixencia artificial, as infraestruturas e a revitalización da vida estudantil.
Pregunta. Que supón ser a primeira reitora na historia da UVigo?
Respuesta. É un fito tras máis de trinta anos. Máis aló do impacto mediático, lanza unha mensaxe interna fundamental: camiñamos cara á igualdade efectiva entre homes e mulleres no mundo académico e profesional. É unha onda imparable que xa non ten retroceso.
P. Tras uns resultados máis axustados en Ourense, que mensaxe lle envía á comunidade do campus?
R. O noso proxecto é vivo e integrador; gobernaremos para todas as persoas. Queremos dotar os tres campus (Ourense, Pontevedra e Vigo) de maior autonomía e capacidade de decisión.
P. Cal vai ser o primeiro paso trala toma de posesión o 25 de xuño?
R. As nosas prioridades están moi centradas no cambio organizativo. Desde o primeiro día reunirémonos cos representantes das persoas traballadoras, tanto do PTXAS como do PDI, para ir camiñando cara a unha mellor organización institucional. Sabemos que é fundamental, e moitas das nosas propostas foron moi ben acollidas, precisamente, por ser necesarias e, nalgúns casos, de extrema urxencia.
P. Dentro desa organización, como tedes pensado fortalecer a identidade da Universidade de Vigo como un espazo multicampus e garantir o peso real de Ourense?
R. Nós sempre falamos de tres campus e para nós todos son completos: teñen que ter as infraestruturas, dotacións e instalacións axeitadas para impartir a docencia e desenvolver a investigación. Pretendemos dotalos de maior autonomía de xestión e capacidade de decisión, respectando as súas particularidades, co obxectivo de fortalecelos todos.
P. Unha das maiores urxencias de Ourense é a revalidación do selo do Campus da Auga. Tedes ideas para consolidalo e asegurar o seu financiamento?
R. Por suposto, é un obxectivo prioritario e vital; non se pode pór en risco en ningún momento. Agora mesmo estamos na fase de xustificación e preparación de documentación para a súa renovación. Traballaremos con toda a comunidade, cos investigadores e centros, para mellorar as nosas capacidades e subir un chanzo na acreditación.
P. Pode vir acompañado de novas titulacións ou aínda é pronto?
R. É pronto porque o mapa de titulacións a nivel autonómico está pechado neste momento. O que si temos que ter claro é cal será a nosa aposta cando se abra de novo. Mentres tanto, a nosa estratexia é que as nosas titulacións actuais sexan o máis atractivas e modernas posible para que as familias e os estudantes opten por nós. En Ourense, hai titulacións que son exclusivas no Sistema Universitario Galego e hai que facelas moi visibles.
P. Que plans teñen para as titulacións e as infraestruturas do campus ourensán?
R. Aínda que o mapa galego de titulacións está pechado, debemos modernizalas e facelas máis atractivas. Respecto aos espazos, hai un déficit claro e existe unha demanda histórica. O novo edificio de Enxeñaría Aeroespacial xa nace pequeno; a nosa prioridade será rematalo e dotalo do equipamento necesario.
P. No caso do persoal PTXAS, que foi o sector protagonista nestas eleccións, cal será a primeira medida concreta que notarán?
R. A nosa prioridade máis estrutural, que loxicamente levará máis tempo, é facer unha nova Relación de Postos de Traballo (RPT) para reorganizar, modernizar e dixitalizar a nosa administración. Con todo, en paralelo e desde o primeiro día, abordaremos de xeito urxente a mellora na cobertura de baixas, que actualmente é moi deficiente. Solucionar isto é fundamental para o bo funcionamento da institución e para mellorar o clima laboral.
P. E no que se refiere ao profesorado?
R. A nosa primeira medida será reunirnos co persoal traballador para mellorar a cobertura de baixas urxentes. Para o relevo xeracional, necesitamos previsións plurianuais e deixar de depender tanto das listas de substitución, que afectan negativamente á calidade docente e organizativa.
P. Por último, como recuperarán a participación do estudantado?
R. Tras a pandemia, a vida universitaria decaeu moitísimo. Debemos escoitar máis ao alumnado, mellorar os horarios de bibliotecas, facilitar o aloxamento e, sobre todo, visibilizar a Ourense: as súas infraestruturas, a rede de comunicacións, a conectividade, proxectar que é unha cidade cunha altísima calidade de vida para estudar e facer vida universitaria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SABÓN Y CORGA DA FECHA
Entre una cascada del Xurés y el Atlántico: dos refugios para el verano gallego
RÉCORD HISTÓRICO
Los alquileres superan ya los 600 euros en la ciudad de Ourense
29 EUROS EL BILLETE
El transporte metropolitano de Ourense choca con el muro económico
Lo último
TRÁFICO DE INFLUENCIAS Y MALVERSACIÓN
La Audiencia de Madrid confirma que Begoña Gómez será juzgada por un jurado popular
VISIBLE DESDE VARIAS COMARCAS
Un incendio forestal activo en Boborás moviliza un amplio dispositivo aéreo y terrestre