5 abr 2023

Elvira Lama: "Non foi doado, pero o cuatripartito funcionou"

A rexedora de Xinzo de Limia, Elvira Lama Fernández, visitou o programa “La entrevista de hoy”, que emite Telemiño, para falar sobre a actualidade e os proxectos en marcha no Concello que dirixirá ata o 28 de maio e que agarda seguir facéndoo nun segundo mandato. Tamén para facer balance dos catro anos de actividade dun goberno, integrado por catro partidos, que tivo que apartar as súas diferenzas para chegar a entendementos.

1 may 2022

Elvira Lama: "Xinzo será o espello no que se mirarán outros concellos do Estado"

O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana investirá en Xinzo catro millóns de euros. O obxectivo? Converter a estrada nacional que atravesa a vila nunha auténtica travesía. É unha das obras máis importantes que se acometerá na capital limiá na súa historia e mudará totalmente a súa imaxe, ao tempo que favorecerá unha vida máis saudable e segura para os cidadáns.