19 jul 2025
MIT 2025 | Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
Do 18 ao 26 de xullo, Ribadavia convértese, unha vez máis, nun epicentro das artes escénicas coa chegada da Mostra Internacional de Teatro (MIT), que este ano celebra a súa 41ª edición cunha programación diversa, arriscada e comprometida.
23 espectáculos de teatro, danza, performance, circo e artes vivas coa participación de compañías galegas, nacionais e internacionais. A eles, súmanse obradoiros de formación, residencias artísticas e actividades de mediación como conversas e presentacións, abertos á comunidade e repartidos por todo o concello.