LUCHA CONTRA INCENDIOS
La base de Verín-Oímbra cuenta con nuevo avión
Mikel Diéguez deulle forma a “A lareira da Veiga” durante o confinamento, e tras presentalo en Vitoria, onde reside, achega este libro testemuña da vida pasada en A Veiga das Meas á comarca, onde o presentará este domingo no Centro de Contrabando de Vilardevós e o día 7 de agosto en Verín. Él naceu no País Vasco, pero síntese galego e, da súa unión coa aldea, xurdiu a obra que garda a tradición oral desta aldea de Vilardevós.
Por que nace “A lareira da Veiga”?
A obra naceu como un intento de recuperar a tradición oral da Veiga, podía perderse porque ao fin a xente nova está fora dalí, como é meu caso, meus pais viven alí pero eu xa nacín en Vitoria. Como consecuencia á emigración houbo un corte xeracional, se non levamos as historias e lendas ao papel poden perderse.
Cal é a súa unión a esta aldea?
Como están alí meus pais, cada pouco tempo vou, é un sentimento que é común en todos os galegos, ese sentimento de pertenza a terra, ás orixes da nosa familia, sempre me considerei galego aínda que nacín no País Vasco, e como consecuencia a ese sentimento levei a cabo esta aventurilla.
Que podemos atopar no libro?
É unha recopilación da historia de A Veiga, é un libro de relatos. Tentei recoller o que foi a actividade social, económica e cultural da aldea no século pasado, a través das testemuñas, como un neto de emigrantes cubanos, un fillo de emigrante brasileiro, un veciño que xa faleceu…
E agora que o libro xa se coñece, por que o volve presentar en Vilardevós e Verín?
Faime moita ilusión, é unha literatura moi característica de Galicia, o intento de recuperación de tradición oral do rural, polo que a xente que vai acudir as presentacións son galegos do interior. Está tendo moita aceptación o libro, xa saquei a segunda edición, e quero dalo a coñecer na miña zona.
Dende o cariño ó rural, cales son os seus pros e contras?
Os contras é o traballo, eu se tivera traballo estaría vivindo no rural galego. O abandono do rural é o gran contra que ten. E ventaxas moitas, a vida é máis tranquila, máis apacible e con máis contacto coa natureza, o orixe do ser humano. Na década pasada estiven a piques de voltar á aldea, pero ao final truncáronse os plans, pero non descarto volver.
Agora que se estreou como escritor, que será o próximo?
Teño dúas opcións do que pode ser un proxecto. Atráeme moito o que foi o tema do contrabando, moi característico de A Raia, e tamén o tema do wolframio, da explotación en Vilardevós da que non temos información dabondo. Son dous temas que me chaman a atención poderosamente e no futuro tentarei levar a cabo proxectos similares a “A lareira da Veiga”, recadar información, buscar protagonistas e traballar todo o recollido.
Como definiría A Veiga das Meas?
É familia, solidariedade, benestar e se algo me demostrou o libro é que A Veiga é unha pequena familia, na nosa aldea, a pesar de que a xente viviu en épocas nas que non abondaba a fartura, foron tempos moi fraternales, nostálxicos e nos que a xente vivía moi de preto, os veciños eran familia, e agora tamén pasa, non son só veciños, teñen trato de familia, dahí o título, o cariño que se notaba nas reunións arredor da lareira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LUCHA CONTRA INCENDIOS
La base de Verín-Oímbra cuenta con nuevo avión
CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
PRODUTOS GALEGOS
Aposta firme por viños de calidade
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Lo último
DESBORDAMIENTOS EN LA CARRETERA
Vídeo | Un derrumbe mantiene cortado un carril de la N-120 entre Ourense y Monforte tras las intensas lluvias
HASTA 897.000 DESPLAZAMIENTOS
Operación retorno de agosto en Galicia: estas son las carreteras con más tráfico
Inundaciones en Nepal
China, en alerta por riesgo de otra riada cerca de la zona afectada