Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Tomás Moro
Disque, nunha versión popular carente de etimolóxicas, o concepto -en singular- ven a significar equidade entre o día e a noite.
É certo que durante moito tempo -milenios, poderiamos dicir- incardinados dun xeito alterno cos solsticios, marcaron o auténtico calendario vital do ser humano, mesmo cando o ser humano non aprendera nin a contar, canto menos a rexer as súas vidas cotiáns por un calendario.
Son, como estou seguro de que vostede sabe de memoria, os catro puntos de inflexión polos que atravesa a terra no seu peregrinar elíptico e anular arredor do sol e que, polo tanto, inciden na tendencia climática que dende o principio dos tempos e ata hoxe en día controla os modos e os vivires do noso día a día.
En resumo, son os que lle dan saída e entrada ás catro estacións que Vivaldi solfeou con música celestial e que Valle Inclán transformou en sonatas literarias coas andanzas amorosas do Marques de Bradomín.
O de primavera, que é do que toca falar porque é o que estamos estreando, pasa por ser, se cadra, o que con meirande esperanza recibimos os que moramos nesta zona septentrional, logo de tres meses de escuridade cromática que nos arrastra a un mundo interior do que nos saca, a veces abruptamente, a explosión de luz e de color -en resumo, de vida- que nace a partir deste equinoccio.
Supoño eu que este tipo de pensamentos, ensarillados con outros máis profundos, tanto no campo da filosofía como no da interpretación das deidades -xa fosen estas, rústicas ou a divina providencia-, serían os que lle servirían ós vellos constructores da Capela de San Miguel de Celanova (xa fose con Froila ou co seu irmán Rosendo á fronte -que isto aínda está por definir-) de base para levar a cabo os traballos de planta da pequeniña capela da que tanto fachendeamos polo mundo adiante os celanovenses, para lograr conseguir ó fin o milagre de luz que hai agora vinte anos (concretamente, o 22 de marzo de 1997) fomos quen de comprobar empiricamente por vez primeira José Benito Reza e máis eu, despois dun complexo traballo de esculca planimétrica realizado polo propio José Benito e que logo dun paréntese de silencio logramos captar con nidieza fotográfica hai agora tres anos, momento dende o cal para moitos os menceres dos equinoccios se teñen convertido nuns días de ilusionada madruga que non sempre é quen de colmar as nosas expectativas.
Hoxe -onte para vostede- foi outro, no que nos demos cita unha ducia de celanovenses -e algún limiao- para ver alumear de novo o rosetón de luz que, co seu aliñamento, acenden as xanelas superiores da capela. Pero, novamente a climatoloxía -neste caso a néboa- nolo impediu. Se cadra, para manter, precisamente, a maxia que case once séculos despois continúa conservando intacta a pequeniña capela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Tomás Moro
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Cuando ETA quiso secuestrar a Franqueira tenía tres zulos en Vigo
Manuel Orío
RECORTES
La catástrofe andaluza
Julián Pardinas Sanz
Por qué necesito transmitir mi Ourense
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Dos heridos tras una colisión en la AG-41 a su paso por Sanxenxo
CAYÓ POR UN BARRANCO
Detienen a Jonathan Andic, acusado de la muerte de su padre, el fundador de Mango