Respectar e conservar

TÍA MANUELA

Publicado: 31 dic 2025 - 03:40

Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

Ao anoitecer, ía no seu coche conducindo pola dereita. Ía con velocidade moderada, lentamente por se aparecía algo inesperado e así foi, mesmo ao pasar a primeira curva á esquerda, sorprende ao condutor o fulgor dos ollos dun cervo que quería cruzar, e cruzou, correndo cara á dereita. Os seus cornos gallados indicaban claramente que aquel ruminante de patas longas e rabo curto era un macho. Se fose de día, sería unha preciosidade volver velo.

Ao día seguinte, cando se dirixía á vila para arranxar uns papeis no concello, nun lugar próximo á casa onde moraba, atópase cuns xabarís que fuxían do ruído enorme dunha martabela en plena acción, na lindeira leira do millo. Eran seis ou sete cruzando tranquilamente dun lado ao outro daquela estrada sen raias ou con elas borradas. Igual que a maioría das estradas de Galicia, coas raias despintadas.

Os xabarís chegaron aos campus universitarios, pasearon polas alamedas de varias cidades, visitaron museos, os arredores de varias bibliotecas e seguen sendo un problema en calquera estrada, nos sendeiros peonís e mesmo na beirarrúa, diante dunha casa calquera.

Ninguén sabe (as autoridades tampouco) cantos xabarís hai nun determinado territorio, pero todo o mundo é consciente de que son moitos máis dos convenientes e, se non se pon remedio, a expansión da especie continúa e os danos agrícolas tamén. Os xabarís chegaron aos campus universitarios, pasearon polas alamedas de varias cidades, visitaron museos, os arredores de varias bibliotecas e seguen sendo un problema en calquera estrada, nos sendeiros peonís e mesmo na beirarrúa, diante dunha casa calquera.

Aquel home (ou mozo) colleu medo e quixo volver de día para o seu lugar. Un pouco antes de saír atopouse cun veciño, Manuel da Tecedeira, e, despois dunha breve parada no bar da zona, foron para a casa xuntos. Alí mesmo, antes de entrar, unha zorra ía correndo cunha galiña na boca. Mesmo ao parar, o acompañante foi correndo a contar as súas pitas declaradas. Faltaban tres e unha estaba morta diante do galiñeiro.

E os cadelos onde estarán? Onde se meterían? Segundo un deles, Manuel do Medo, os cans están na casa ao quente, mirando polo balcón ou ceando. De camiño, conversaron sobre o oso, considerando ámbolos dous que o máis coñecido de Galicia é o de Salcedo (A Pobra do Brollón).

Os investigadores din que a presenza do oso en Galicia é moi limitada, aínda que -ao parecer- o oso pardo formou parte da nosa paisaxe natural e cultural, que -como di a Tía Manuela- “debemos respectar e conservar”.

Contenido patrocinado

stats