David Alvarado
De Debrecen a Ourense, a lóxica do escaparate
O título vai que nin pintado. Porque moitas veces éme moi complicado escribir este Recuncho pola transición que vai dunha semana a outra. A transición débese porque adoito escribilos, como máis tardar, os sábados pero non se len ata o luns. Nesta transición, neste intervalo hai unha nova (a máis importante de todas) que aínda non aconteceu, pero que, ó ler isto, xa está máis que solucionada. Falo das eleccións, por suposto. Tamén houbo outra á que si lle conseguín ver o punto final polo detalle de que esperei a que rematase o acontecemento. Falo da final da Copa do Rei entre o Barcelona e o Valencia, que acadaron os valencianos por 1-2. Sobre o asunto das eleccións, recoñezo que me amola bastante o non poder comentar nada porque nada sei. E estas, principalmente as municipais, si que me interesan bastante porque penso que son as que máis me poden influír, repercutir; en Barbadás porque é onde vivo e en Baños de Molgas porque aí empezou todo, é todo e será sempre todo. Na transición hebdomadaria direi que oxalá ganen os meus e que oxalá ganaran os meus. E se non ganaron os meus, polo menos que non ganaran os outros. A bo entendedor...
Da nova que si tiven tempo para pensar e preparar algo dela foi a consecución do segundo premio máis importante que se concede no festival de cine de Cannes (e olliño, que estamos a falar do festival cinematográfico máis importante do mundo, é dicir, que os Oscars comparados coa Palma de Ouro son unha trapallada): o premio do xurado na sección Unha Certa Mirada, que foi para a película “O que arde”, do Oliver Laxe. Vale, un premio, un premio moi importante. Pero o gran detalle está en que a película é galega e presentouse en galego, por moito que lles pese a algúns. Impuxemos o galego en Francia! Que empecen os de Galicia Bilingüe a clamar ó ceo.
Por certo, estes que tanto defenden o castelán por que non claman contra a TVE e a Federación Española de Fútbol, que en plena Copa do Rei (un torneo netamente español) anunciaban que tal xogador recibira unha Yellow Card (tarxeta amarela) e que por dúas veces houbo Cooling Break (pausa para hidratarse ou beber). Se o puxeran en galego dirían que ata a TVE impuña esta lingua.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La ansiada paz
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Don erre que erre
La Región
ETA: el refugio de los mediocres