Axenda de ocio para os máis pequenos: do 10 ó 17 de novembro

Sin título

Fomento das relacións entre pais e fillos cun novo certame

xornalescolar_0911_axenda_01

“Falemos cos nosos fillos/as” é o título do concurso que pon en marcha o colexio Luis Vives para toda a cidadanía. Dentro da súa aposta por unha educación integral que comeza nas familias, o centro educativo fai un chamamento ós menores de seis anos apra que lles envíen un audio ou vídeo onde falen sobre o tema que desexen con alguén da súa familia. 

A iniciativa enmárcase dentro da celebración do Día Internacional da Infancia, que se celebra o vindeiro día 20, e será ese día cando se proceda á entrega de premios. A temática é libre e os participantes poderán abordar temas coma deportes, amigos, parellas, xogos… Todos eles recibirán un agasallo só por participar.

Novo curso de monitores

xornalescolar_0911_axenda_03

Como cada ano, a asociación xuvenil Amencer convoca un novo curso de monitores de tempo libre, que se desenvolverá na modalidade semipresencial durante as fins de semana e os festivos de novembro e decembro. A cota inclúe ademais a inscripción a dous cursos online. Toda a información, na súa web.

Novas funcións dos Bolechas e o seu Camiño Marciano

xornalescolar_0911_axenda_07

Son dúas as citas que Os Bolechas teñen reservadas para a provincia de Ourense no que resta de mes de novembro co seu novo espectáculo “Os Bolechas fan o Camiño Marciano”, unha proposta dirixida a rapaces de entre catro e nove anos e que subirá ó escenario ós seus personaxes favoritos. Este sábado, día 13, será o turno de Castro Caldelas, a partir das 17.00 horas. Á cidade chegarán o domingo, día 28, cunha función no Liceo ás 12.00 horas. Máis información na web de Fala Redes.

Chegou a festa máis popular á provincia

xornalescolar_0911_axenda_06

Ribadavia é unha das vilas que para mañá ten convocado un gran magosto popular. Será a partir das 20.00 horas na Alameda e contará co acompañamento musical de Tradtrio. Unha cita perfecta para un día en familia no que non faltarán as fogatas e unha boa merenda tradicional.  Con todo, os magostos continuarán por toda a provincia nos vindeiros días. 11/11/2021, Ribadavia

Magosto na lingua propia dos nenos

xornalescolar_0911_axenda_05

A Ínsua dos Poetas acolle un magosto para toda a familia, que se celebrará baixo o lema “Cos nenos na lingua propia”. Haberá actuacións musicais, inchables, lotes de libros e unha gran merenda popular. A entrada é libre e comezará a partir das 16.30 horas. 14/11/2021, Ínsua dos Poetas

Espectáculos de magosto para cativos

xornalescolar_0911_axenda_02

Na cidade, o magosto celebrarase dende primeira hora da mañá cunha programación especial para os máis novos. Haberá carpas infantís na ponte, no Posío, no Barbaña e na praza Bispo Cesáreo, con capacidade limitada e pases ás 12.00, 17.00 e 19.00 horas. Magín Blanco e a Banda das Apertas, Saaabor, o Mago Teto e “Historias de susto para durmir a gusto” son os espectáculos. 11/11/2021, Toda a cidade de Ourense

Sesión de manualidades con castañas

xornalescolar_0911_axenda_04

E tamén o centro comercial Ponte Vella se suma á celebración dos magostos cun obradoiro infantil de manualidades con castañas. Haberá tres sesións: esta tarde, o venres, día 12, e o sábado, día 13. As actividades desenvólvense na planta baixa do recinto en horario de 17.30 a 20.00 horas e son de acceso gratuíto. A programación deste mes contará tamén con sesións de K’nex, xoguetes en papel e decoración de bolsas. Esta fin de semana, Centro comercial Ponte Vella

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante