La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Bocadillos de Don Bosco en Ourense
Dicían os meus pais que hai que ser agradecidos e recoñecer as cousas ben feitas, e iso pretendo facer con estas liñas.
Despois dun ingreso hospitalario no CHUO de Ourense, de dazaoito días (sanidade pública) na parte nova, na ala sur e atendendendo tamén a un buzón de recollida de suxerencias, vou a transmitilas por La Región.
En primeiro lugar felicitar ó persoal da planta pola imaxinación e creatividade plasmada na decoración navideña con materiais reutilizados na inmensa maioria. Iso amosa ilusión par facer as cousas ben e animar ós pacientes. Quero deixar públicamente e non no buzón unha suxerencia: a seguir así.
En segundo lugar agradecer a todo o persoal de limpeza, médicos e especialmente a auxiliares e enfermeiras/os a súa atención que foi moito máis alá do aspecto sanitario, amosando estas últimas polo trato máis próximo e permanente unha verdadeira vocación e un trato humanitario que non poido esquecer. Serva de exemplo unha anécdota: despois dunha semana dispuña dun ordenador para facer algunhas cousas e tiña interese en ver partidos do meu equipo, o Real Madrid, pero non sabía como facelo, pois ben unha enfermeira sen decirlle eu nada preguntou e instaloume os partidos no ordenador e insoume a facelo. Segunda suxerencia: a seguir así.
Este persoal amosou o seu compromiso coa sanidade pública, así que entre todos traballemos para mantela.
Moitas gracias por todo que foi moito moitos días.
Paco Magide (Ourense)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Bocadillos de Don Bosco en Ourense
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La inacción de los justos
La Región
Drill baby drill
La Región
Agradecemento ó persoal sanitario
Lo último
Jaime Fernández Garrido
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Labazadas
¡BUONE VISIONI!
Chega A “Nouvelle Vague”!
Fernando Ramos
El chavismo sigue intacto