A vida era así

Baltasar Asirio Murado agachouse para recoller a aguillada que lle caera das mans cando quixo tirar da reata do burro que estaba atado a un salgueiro. Ó agacharse caéronlle todos os papeis que levaba no peto da camisa. Empezou a baduar porque todo lle saía ó revés. O probe non sabía de que lado lle viña o vento. A...

Tres astronautas

Tres astronautas; un ruso, outro holandés e o terceiro galego (por fin non hai ningún ianqui!), aseguran que hai vida intelixente e civilizacións extraterrestres. E dígoo con coñecemento de causa. Porque o astronauta galego son eu. Non foi difícil marchar por aí arriba. Fixéronnos un cursiño de nada que, iso si,...

O lirismo de Mizayaki

Hayao Miyazaki é un dos grandes directores que lle deu ó mundo o cine xaponés, un creador á altura doutros ilustres realizadores daquel país, coma Akira Kurosawa, Yasujiro Ozu ou Hirokazu Kore-eda. A diferenza é que, mentres estes tres últimos creaban as súas historias con personaxes de carne e óso, Miyakazi...

Vinte minutos

Unha menos dez da noite. É hora de estar na cama, pero non estou. Por que vou estar se tardarei en durmir? Así polo menos fago algo útil. O de útil é un dicir. Na cama podía soñar. Soñar esperto, claro. Porque se tardo en durmir, a ver que vou facer! O jazz de John Coltrane éntrame polos dous oídos. O fresco empezo...

Fartos de Rafael Nadal

Creo que entre franceses e españois, entre españois e franceses sempre houbo unha certa rivalidade de, chamémoslle, achegamento, polo menos. Hoxe os franceses teñen que estar xa un pouco fartos de Rafael Nadal. Practicamente todos os anos é o mesmo: sempre alzando a copa dos tres mosqueteiros. Doce anos (que xa son...

A tenista de Camagüey

Unha vez máis a transición hebdomadaria métese de novo na elaboración, na realización deste recuncho. Que o momento de escribilo será completamente distinto do momento da súa lectura. Ou polo menos sería unha aventura sinalar quen será o vencedor do torneo de tenis de Roland Garros entre o español Rafa Nadal e o...

Como unha pluma de paxaro

Acicloxénese “Miguel” fixo que parte do tellado do polideportivo de Baños de Molgas realizase o baile de San Vito. Que seica o levantou como a unha pluma de paxaro. A borrasca “Miguel” semella que fixo dano na provincia de Ourense. Aínda que eu, vendo tal cicloxénese, ou ben me coincidiu nun momento no que estaría...

Andar por andar

Camiño pola beirarrúa esquerda dunha rúa calquera para chegar a unha meta que me puxen cando saín. Aínda que, a verdade, non sei cando chegará esa meta. Son dos que ando por andar. E dá igual que sexa por entre carreiros cheos de toxos coma se é por pontes colgantes. Tampouco me importaría andar polas veas abertas...

480 flexións de ombreiro

Abilio Esperto Rañado rise deses deportistas que se gaban continuamente das súas flexións, coma se fosen Rockys en estado de graza. Pero el, o fillo da Píntega, fixo o outro días 480 flexións... de ombreiro! Botou todo o sábado sabadete poñéndolle a rolla ás botellas do viño branco da derradeira colleita. Dándolle...

Maiorías e pactos

Por esta vez non houbo nada programado de especial para a transición hebdomadaria, é dicir, entre a noitiña do sábado e o amencer do luns, ou sexa, o domingo. Resumindo, que esperemos que non acontecera nada extraordinario no sétimo día. Que dixo Deus que estaba para descansar. Así é falarei do auténtico...

Fútbol finxido

Non sei, pero dáme que a partir de agora, a partir deste barullo causado no fútbol a causa das apostas ilegais, este deporte imos ter que velo doutra maneira. Penso que nos temos que empezar a acostumar a ver un fútbol ficticio, finxido. O típico: cando falla un porteiro (que ten todo o dereito do mundo a fallar),...

Todo o que entra sae

Cando eu, precisamente eu, levo dous días sen escribir e case sen ler, malo! Algo non cadra. Non cadra a saúde neste corpo, hoxe, escarallado, griposo, nugallán e moi pero que moi cansado. Non teño ganas de nada. Ata nin teño ganas de soñar, que xa é dicir. Co que a min me gusta soñar esperto. Todo debeu empezar...

Transición hebdomadaria

O título vai que nin pintado. Porque moitas veces éme moi complicado escribir este Recuncho pola transición que vai dunha semana a outra. A transición débese porque adoito escribilos, como máis tardar, os sábados pero non se len ata o luns. Nesta transición, neste intervalo hai unha nova (a máis importante de...

A coiraza da indiferenza

Ruído de sabres no Congreso. Ruxerruxe de carraxe nas miñas entrañas. Porque hai seres humanos ós que lles cae grande o de almas humanas. Só lles faltou coller os fusís. Porque non os tiñan alí. Ruído de improperios, de aldraxes nun recanto da nosa sociedade. Non recanto que nos debería representar e... vaia se nos...

Perfecto contraste

Cando Ingmar Bergman realiza “Soños” (1955) aínda non dirixira os filmes que o converterían nun dos directores suecos máis importantes do panorama internacional. Tampouco estaban presentes no seu cine os grandes temas bergmanianos tales coma a morte, o sentido da vida, a existencia de Deus, a culpa e o pecado. Non...

A bondade da xente

Máis dunha vez teño comentado que vivimos nun lugar privilexiado, principalmente sobre o asunto climatolóxico, pois ás veces, no mesmo día, chove, sae sol, saragana, núbrase, xea e ata queren caer folerpas de neve. Pois, moitas veces, a sociedade galega é coma o tempo climatolóxico; tan ben matamos por un marco ou...

E se digo...

Día das Letras Galegas. Tarde nubrada. Ás veces caen pingas de auga sobre a terra mollada. O silencio ante o ordenador quedou rachado pola música de Ialma e, agora, pola de Xestreu e, máis tarde, pola de Guadi Galego. Hoxe toca todo en galego... a escritura, a música, a fala. Tarde silenciosa baixo uns grises...

Actor social

Hai xente do cine que nos asombra, non só polo seu traballo cinematográfico, que tamén, senón polo seu traballo social. Houbo un actor español que a principios dos noventa deixou practicamente o cine para marchar a residir a Tarifa (Cádiz), cidade na que impulsou e dirixiu a Aula Municipal de Teatro, coa que lle...

A estrutura de dous marcos

Son as doce e media da noite e teño ganas de importunar. Quero analizar a estrutura dun marco sobre a marxe esquerda da leira de Zaqueo Ostras Embrose, a que linda coa horta de Xacinta Flor Piolla. O marco, segundo os datos que proceden duns papeis que ten O Sacho, é dicir, Zaqueo, é de granito puro duns 90...