4 may 2025

O esplendor da primavera chega cos maios

A Festa dos Maios é especialmente celebrada na cidade de Ourense. Unha tradición que se remonta centos de anos atrás, e que xa no seu momento recolleron ilustres escritores dando mostra da importancia que tiña esta celebración para todos os ourensáns. Cada ano, asociacións, colexios, grupos de amigos… reúnense ao redor da tradición de elaborar o seu propio maio no que os elementos naturais, acompañados de coplas cheas de retrancas, son os indiscutibles protagonistas da xornada.

3 may 2025

Todos queren ter o seu propio maio

Ao longo dos últimos días, veciños de Ourense de todas as idades prepararon as súas construcións e coplas para engalanar a Praza Maior da cidade este domingo e celebrar a primavera mantendo esta tradición repleta de creatividade.

8 may 2023

Os Maios invadiron Ourense

Os roedores do Casco Histórico, os “Bonos comercio” roubados ou as termas pechadas nas que o cantante Omar Montes si que se bañou protagonizaron as coplas da festa ourensá. O Carrabouxo, por partida dobre, acaparou as fotos.