23 sep 2022

Baños de Molgas reclama a igualdade con pintura colectiva

Tal e como informou a voceira municipal, María Mangana, a iniciativa consistirá en pintar conxuntamente o muro dun parque infantil rematado recentemente no rúa do Agro. Nesta actividade, que arrancará ás 10,30 horas; participarán, ademais de mulleres do concello, un grupo de nenos e nenas da localidade.