9 oct 2026
Galería | Adeus a Beiras no Museo do Pobo Galego: política, cultura e universidade despiden a "un compostelán universal"
O Museo do Pobo Galego abriu as súas portas este mediodía, como estaba previsto, para o último adeus a Xosé Manuel Beiras, referente histórico do nacionalismo galego, coa presenza de amigos persoais, así como dirixentes e activistas dos ámbitos nos que o intelectual e economista desenvolveu a súa acción política; e tamén representantes do ámbito universitario e cultural.