16 nov 2025

José Vázquez, o segredo da alfarería de Niñodaguia

Se nomeamos Niñodaguia, Xunqueira de Espadanedo, a nosa mente oriéntase, case de modo inconsciente, á alfarería. E é que Niñodaguia é un deses recunchos nos que aínda pervive a tradición deste oficio artesán, empregando en gran parte unha materia prima única no mundo: o barro amarelo. Trátase dunha arxila autóctona cuxa composición, lixeireza e cor fan posible a creación de pezas senlleiras. José Vázquez, un dos poucos alfareiros que continúan o legado aprendido na familia na Alfarería Agustín -unha das dúas que seguen en funcionamento na localidade-, descóbrenos máis desta artesanía e o soño da pervivencia do futuro da alfarería.

17 ago 2024

Pasarela de cacharreiros en Niñodaguia

O Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia cumpre dez anos e durante toda a fin de semana achega aos visitantes o tradicional oficio da olería, que atrae a pequenos e maiores. Hai visitas guiadas ao Museo da Olería, en dúas quendas, ás 13,00 e ás 18,00 horas.

2 abr 2023

Apañadeiras e cacharreiros, o legado de Niñodaguia

Tradición, historia e cultura popular, a fornada tradicional e o fiadeiro volveron a encender os antigos fornos de pedra para cocer as olas e as mulleres amosaron o seu equilibrio para levar as pezas

19 dic 2021

El cacharreiro que no quería serlo

José Vázquez es uno de los alfareros más jóvenes de España. Resiste a los tiempos desde Niñodaguia, una pequeña aldea de la Ribeira Sacra que lucha a contrarreloj para que la cerámica tradicional de la zona no desaparezca.