Intereses espurios

Un científico ruso, Denis Rebrikov, biólogo molecular e director dun importante laboratorio no Centro Nacional Kulakov de Investigación Médica en Obstetricia, Xinecoloxía e Perinatoloxía de Moscú (a maior clínica rusa de fertilidade) apareceu estes días ocupando grandes titulares na prensa, debido ás súas...

Sigamos!

Apoboación de Galicia envellece e morre. As zonas rurais quedan baleiras e a monte, as xestas, os toxos e as silvas medran vigorosa e libremente. E a xente, onde vai a xente nosa? No ceo, a maior parte dela e a que queda, nas cidades e, se son mozos e mozas en idade de traballar, na emigración. Como sempre, hai que...

A saúde, o primeiro

Os datos indican que a poboación fumadora aumentou nos últimos anos, igual que aumentou o consumo de tabaco entre os máis novos, tal como demostra a Enquisa de Alcohol e Drogas en España. Parece difícil de entender, pero a realidade é crúa e dura, non ten piedade nin xeito nin dereito. A realidade é que o tabaco...

Apoderada

Ela non era a candidata, era unha das milleiros de mulleres voluntarias, apuntadas nas enormes listaxes de interventoras e apoderadas, desas que tanto traballo realizan, ás caladas, en cada un dos procesos electorais, nunha das preto de catro mil mesas electorais de Galicia. Vixían, axudan, animan, controlan e...

A lingua, para falar

As administracións públicas, as asociacións, as comunidades, as universidades, a xustiza e os particulares teñen obriga de coñecer a lingua e de usala, falala e amala, sen máis palabras. Castelao dixo que o noso idioma era unha obra de arte superior ao Pórtico da Gloria e, a pesar desa súa inmensidade, require...

Sen luz, negrura

Da importancia da luz non hai nada que falar. Do seu valor e mérito para subsistencia da cidadanía tampouco hai moito que dicir, abonda con agradecer e recoñecer que xoga un papel moi importante na vida e na evolución da humanidade. A luz é, sinxelamente, vida e para resaltar o seu papel en distintos aspectos, na...

Auga bendita

Algúns din que non hai nada como a auga bendita para poñer en fuga aos demos que andan sempre tentando á xente, a eses seres imaxinarios que, segundo a tradición popular, son o mal ou están cheos del; cacháns ou cornáns que van corneando sen parar, por onde queira que pasen. Os demos son quen de procurar que crean...

Os xabarís petan na porta

Eran salvaxes mamíferos da familia dos súidos, co corpo cuberto de sedas mestas e fortes, con cor escura, entre gris e negra, raxada, e cuns canteiros con ángulos cortantes  na parte superior da boca que meten medo a quen os vexa. Son os xabarís que agora andan tranquilamente polas praias do Sur, polos campus...

Non se rían

As eleccións do vindeiro vinte e oito deste mes de abril son importantes para a cidadanía e moi importantes para ese nutrido grupo de candidatos que queren representarnos no Congreso ou no Senado. Unhas oitocentas persoas recorren estes días Galicia. Algunhas van pisando asfalto, andando polas corredoiras, se é o...

Mal dadas

Baixaba polas escaleiras rotas de granito rosado dun castelo arruinado e, aquela moza morena, guapa, intelixente e brillante estudante de matemáticas e filosofía, chegou ao final cunha enorme lesión cerebral, cun cadro clínico que a sitúa para sempre no grupo de doentes con dano cerebral adquirido. Daquela, na súa...

Morta de pena

Un par de amigos charlaban nunha cafetería sobre a claridade brillante que entraba ata o fondo do local por aquela enorme cristaleira de cristais grosos, miraban para o exterior con ánimo de saír e andar por aquel xardín, onde todo brotaba. Brotaban as árbores, as roseiras, as froiteiras, os carreiros de andar de...

García-Bodaño, salvador

Éo verdadeiro Salvador, García-Bodaño Zunzunegui, poeta loitador, home co seu corpo fráxil envolto enteiro en bonhomía, con súa alma brillante, gozosa e poética. Home de poesía, benevolencia e bondade, como a maioría dos que andan por esta terra nosa sementando, na sementeira literaria dos versos, producindo...

O poder do capital

Recentemente fíxose público un estudio promovido pola Universidade Complutense de Madrid, en colaboración coa Universidade de Oviedo, no que se demostra que a exposición á luz LED branca que emiten as tabletas produce danos irreversibles nas retinas dos animais de laboratorio cos que experimentaron. Que pasará coas...

Os peregrinos, da nosa xente

Galicia é o destino dos Camiños de Santiago. Veñan de onde veñan, de calquera punto de Europa ou do outro lado do mundo, teñen a meta e o final en Santiago de Compostela e, despois, en Fisterra tamén de Galicia, ao carón do mar e do ceo, do ceo de verdade nubro e do mar Atlántico, envolto e lavado con auga salgada....

Principios esenciais

Os partidos políticos están en período de engraxe, aceitando os aparellos e a maquinaria, os útiles e, mesmamente, as axendas. Están perfilando as promesas, dándolle unha volta ás relacións, ás aspiracións dos seus e ás inquedanzas da militancia. Os lideres andan coa cabeza louca aprendendo vocabulario novo e...

Saída inmediata

Estimados clientes, este tren dispón de máquinas que venden bebidas e refrescos, ao seu dispor”. Neste e en tódolos trens que circulan de estación en estación, de sitio en sitio e de lugar en lugar, véndese de todo, “comida para comer e levar”, alcol para limpar as feridas ou, sinxelamente, para mesturar cos...

Camiño da liberdade

Cando se achega un período electoral, preséntanse ocasións para falar de todo e para escoitar ás políticas que falarán sen parar do goberno, de machismo e feminismo, dos parlamentos, dos concellos, dos alcaldes, dos concelleiros e conselleiros, das deputacións, presidentes e deputados provincias, dos asesores, dos...

Cantos eran?

Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) elabora cada tres anos o coñecido, recoñecido e temido informe PISA, siglas en inglés do Programa para a Avaliación Internacional de Alumnos. Daqueles que chegan ao final da súa etapa de ensino obrigatorio, daqueles mozos e mozas que andan, cos...

Respecto

Unha nai e unha filla foron ao despacho dun docente universitario e intentaron partirlle a cara. Ao parecer ningunha das dúas mulleres estaba conforme co nota dunha delas, coa nota que o profesor escribira, despois do correspondente exame, na ficha da estudante, no expediente de seu, no taboleiro de anuncios e na...

Efectos mortais

Un labrego da montaña do Sur de Lugo estaba sorprendido pola visita dun par de homes da cidade que se achegaron á cortiña ao pé da casa onde el vivía, para ver a espontánea produción das herbas malas que había. –E, vostedes quen son? Que queren? Que fan? Para onde van? De onde veñen?... Varias preguntas e ningunha...