Pola ruta dos escornabois

Quixen coller o ruta dos escornabois, pero non me quedou outra que navegar polo río que non levaba auga. Hai ríos que durante certas épocas do ano non levan auga. O río Aí Vou non leva auga. Por iso non entendo para onde vai. Mais morto o conto, logo de navegar por el, acouguei...

Película de xestos

Sen andar con pataqueiradas: “Bombón, o can”, cuarta longametraxe do arxentino Carlos Sorín, é unha excelente película. Ganadora do Premio Especial da Crítica no Festival de San Sebastián, narra a sensible historia dunha amizade entre un parado, Juan Villegas, e...

Andrea López, escritora desde cativa

Cada vez admiro máis a esa xente que se lanza a peito descuberto, que é o mesmo que lanzarse ó baleiro, coa intención de sacar adiante aquela idea ou ideas que lles roldan pola cabeza. Son dignas de meter nese caixón dos heroes anónimos, eses heroes polos que sempre sinto e...

As sete vidas dos gatos

Sete vidas ten un gato. Non sei, non sei. Por en canto, asoman mortos máis dos que se quixera polas estradas galegas. Penso que, estatisticamente, é o primeiro ser vivo que atopa o seu final en atropelos. Despois creo que lle segue o ourizo. E por que non digo ourizo cacheiro? É máis...

O ruído do mar

Omar. Que é o mar? O mar é unha enorme cantidade de auga que fai ruído. Algunhas veces ponse medio tolo e outras vólvese calmo, manso, sosegado. Pero sempre con ruído. Aí está o choio: o ruído do mar. Cando a xente, no verán, fala das vacacións...

Non queda outra que emigrar

Case se pode dicir que non tardou nin un suspiro. En deixala caer. A bomba. Donald Trump lanzou en Afganistán a bomba non nuclear máis potente do mundo. Non nuclear. Pero bomba. Que estoura. Que rebenta. Que esboura. Que escachifa. Que desfai. Non obstante, aquí paz e despois gloria, ou sexa,...

Asesoramento sobre a saúde

Quéirase que non case todos os días se atopa un na prensa con algunha noticia que chama poderosamente a atención, e fóra xa dos, chamémoslle, circuítos políticos ou deportivos, que creo que son os que máis se seguen. O outro día atopeime con que o 60%...

Imos alá

Veña, imos alá. A dicir o que non se ten que dicir. A mirar o que non debemos mirar. Se digo que chove, minto. Porque vai un sol do carallo. Se miro para as plumas do paxaro que vai de carballo en carballo, seguro que son as patas dunha bolboreta que pousan sobre unha coíña do...

Os feitos danme a razón

Ai logo!; ás veces poida que sexa un pamemiño, pero pouco a pouco os feitos empezan a darme a razón. Hai moitos anos que veño dicindo aquilo de que Galicia é o cu do mundo e Ourense, o ollo do cu. E unha vez máis outro episodio está claramente aí para...

Escoitando un álbum

Estou escoitando o álbum "Cosmopoly", de Andreas Vollenweider e a verdade é que relaxa abondo. Ás veces incluso tanto que penso que vou flotar. O que demostra que a música é unha arte máis que marabillosa. Un tema pode poñerte frenético e o seguinte...

Viaxes interiores

Cando se fixo público que o próximo proxecto de Alejandro Amenábar, despois da sorprendente "Os outros", sería unha adaptación ó cine dos derradeiros días de Ramón Sampedro, o abraio foi colectivo. Saír dunha película de mortos para...

Contemplan a vida pasar

Sei de dous lagartos que contemplan a vida pasar. Desde o alto dunha casopa perdida entre os outeiros da soidade. Un deles outea, esculca os confíns do monte mentres o outro segue os seus movementos. Móvense por entre as tellas derruídas, por entyre as paredes esborraladas e de cando en vez...

Que gozada ao recordalos!

Logo de ler un cacho pola estrada que vai de Baños de Molgas a Os Milagres, opto por subir, andando, pola "Calle" ata o barrio da Igrexa. Pero xusto ó chegar á entrada da vila lémbrome daquelas noites nas que chegaba do monte cantando. Sempre cantando. Antes de chegar á...

Un nó de angustia e xenreira

Desde hai moitos anos ou o que é o mesmo, desde que os fillos se apoderan da vida de cada un, non volvín ver "o parte" ou "as noticias" en condicións. Porque, ante a mesa (enténdese que os telexornais proxéctanse máis ou menos nas horas de xantar e...

Momentos para todo

Cómpre o tempo. De facer cousas antes de ver a típica película noitébrega. É que ata agora estiven lendo para poder rematar co libro "Todo canto fomos", do escritor morañés Xosé Monteagudo. Foron 523 páxinas que me gustaron moito. A verdade...

Narración envolvente

Unha soa película, “O lamazal”, éxito inesperado no festival de Berlín de 2002, chegou para situar no panorama internacional a unha cineasta superdotada, a arxentina Lucrecia Martel. Naquela película, a disección da vida dunha familia da burguesía provinciana...

O verdad, o engaño

Parecía que, por fin, había un reality de verdad, que los participantes en Eden, un estilo a Supervivientes para poner en marcha una nueva sociedad, programado por Channel 4 en Gran Bretaña, no sabían que del programa solo se habían emitido cuatro capítulos y que casi todo...

Co ben que se está fora

O aire fungaba fóra  e pingas de chuvia querían caer, caían sobre a miña cabeza. Pouquiñas, esa é a verdade. Pero intúo que, logo do aire, virá a auga. A tarde do domingo está gris, triste. Non se vía unha alma pola rúa. A miña...

O peor día da semana

Non habendo película hoxe para ver, non queda outra que manipular no ordenador ata que canse. Xa estou a piques de facelo. Porque xa hai tempo que navego polas entrañas da Internet. Tanto como que xa escoitei todo un álbum jazzístico de Duke Ellington, Charles Mingus e Max Roach, e xa...