8 dic 2025

O cabo Rapela, un fusil e un pasodobre

A recente e silente reunión que mantivo esta pasada semana o presidente do Goberno co primeiro ministro marroquí, fíxome lembrar que na caixa de ourensáns que atesouro gardaba a memoria deste humilde labrador de Gustei que no ano 1925 foi mobilizado para ir defender as prazas españolas en Marrocos, formando parte do Batallón de Cazadores de Mérida Nº 3, e que foi quen de repoñerse a media ducia de disparos, chegando a ser condecorado coa Cruz Laureada de San Fernando, aínda que seis anos despois.

15 sep 2025

E se Cervantes fose ourensán de nación?

Non se trata de dubidar do lugar de nacemento do escritor (para iso xa teñen abondo Alcalá de Henares e Alcázar de San Juan, sen esquecer Puebla de Sanabria), pero si de teorizar coa posibilidade de que polas súas veas correse sangue ourensá