22 mar 2026
Manolo Celta, a maxia da fotografía con Potiños
Decir Asociación Fotográfica O Potiños é falar dunha entidade referente no eido da fotografía. Con máis de 40 anos de historia, desde a asociación levan a cabo numerosas exposicións que acollen temáticas do máis variadas, publicacións de libros, concursos, viaxes… e o “Arenteiro fotográfico”, unha cita ineludible para os amantes da fotografía o igual que se converteu, por méritos propios “Unha foto na rúa”, actividade coa que retratan a veciños e a todo aquel que se preste a pé de rúa. Manolo Celta, apaixoado da fotografía tanto como deste proxecto, falános da asociación, das súas propostas e iniciativas, e tamén do que para el, a nivel máis persoal, supón sacar a cámara e tirar unha imaxe.