A entrada de visitantes á Capela de San Cosme e San Damián é continua. Moito máis agora, no Nadal. E é que ninguén quere perderse a visita ao Belén de Baltar. Un belén feito arte da man do irrepetible Arturo Baltar, un dos artistas e emblema cultural que viu nacer a chamada Atenas de Galicia. As pezas de barro dan vida a un belén adaptado a nosa cidade e aos seus arredores, así como as súas personaxes máis senlleiras e inesquecibles. Un retrato dunha sociedade que aínda que se visite unha ducia de veces, sempre haberá un novo descubrimento aos ollos. E nada mellor para descubrilos que da man de Rogelio Santos, a persoa que sempre logra sorprender a cada visita cunha nova historia, unha anécdota e a inmensa sabidurúa dun home orgulloso da súa terra e da pegada que Arturo Baltar deixou.