Parar na estación

O tema da estación de Ferrocarril é tema complexo como calquera obra que non se fai neses momentos de expansión onde os cartos flúen e as vontades encaixan. E si, falábase da estación de Foster a todo tren -nunca mellor dito- con espazos que zurcirían tecido san sobre as arterias esclerotizadas da historia. Ben. Se...

Antón Fraguas, do SEG ao IPSEG

Cando escoitei que lle dedicaban o Día das Letras do 19 a Antón Fraguas pensei, entre algunhas cousas amoladas, que o tempo pasaba. Outro máis á nómina dos novos santos laicos que coñecín: Carlos Casares, Manuel María, Xosé F. Filgueira Valverde, Valentín Paz Andrade, Lois Pereiro, Ramón Piñeiro, Ferro Couselo,...

Sobre o "Samaín"

Non lles escribín este artigo a semana pasada para que non me chamasen agoiro, augafestas ou antipático. Pero o certo é que non me acaba de entrar polo ollo o “Samaín”. Algunha vez, hai anos, xa lles contei que “Samaín” era unha palabra irlandesa, endexamais presente en Galicia, que vén significar alí “día de...

Aqueles anos do Curros...

Para que a cabeciña rexa minimante e non bote fume polas orellas cómpre lembrar unhas cousas e esquecer outras. Evidentemente non pode haber unha hipertrofia da memoria -o que nos faría vivir nun eterno pasado- nin un esquecemento de todo, o que falaría dunha amnesia que ao borrarnos as ideas dese pasado levaríanos...

A CocaCola e a lingua

O outro día cando me fixo a amiga Xiana Cid unha entrevista para este mesmo xornal con motivo da miña escolla como Académico correspondente da RAG, -xa saben, unha división segunda ou auxiliar que é onde, loxicamente, debo estar, de estar nalgunha-  elixiu un titular no que dicía algo así como que eu comentaba...

Xi Jinping, Otero Pedrayo e o Museo

Hai un par de días, ou tres ou catro ou cinco, que vén sendo o mesmo, inaugurou o presidente Xi Jinping, na China, a ponte máis longa do mundo e que une a ex-portuguesa Macao co ex-inglés Hong-Kong e outra cidade, sempre chinesa, Shenzhen, que seica é o Silicon Valley da terra. En total a construcionciña mide...

Outono quente

Arregañan ou ourizos riseiros e deitan as castañas fóra neste lento tempo outonizo que resiste entre o verán delongado ata a canseira dos máis e as xiadas que se albiscan ameazantes nas mañás frías que presaxian o inverno caroal que virá logo.  As setas, arestora, pelexan devecentes por incharse na...

Casas de...

Onte clausuráronse no Pazo Museo de Otero Pedrayo unhas xornadas organizadas pola Asociación de Casas Museo e Fundacións de Escritores (Acamfe), que reúne institucións que gardan a memoria de autores de España e Portugal. Sen desmerecermos outras e só polo coñecidos dos seus nomes, dicirlles que viñeron os...

Idades marcadas I (por abaixo)

Sabemos todos, e asumimos,  que o voto é aos 18 anos e o carné de conducir, tamén.  E saben vostedes que os rapaces antes desa idade xa lle chegan aos pedais do coche e que moitos teñen un ou dous anos antes, unha formación moi superior á que tiñan os seus bisavós a esa mesma idade, pois viven noutro...

50 anos da fin da cadea guineana

As cadeas emigratorias son moi curiosas e o seu estudo é clave para saber de nós. Aquén e alén mar, cara e cruz. A cousa empeza simple: unha persoa marcha a un lugar afastado, vaille ben e logo turra dos coñecidos. Chámaos porque prefire empregar a xentes coas que ten en común a procedencia. Outras veces, porque...

Como no 1984

Aznar equivócase. España non está como en 1934; algúns paralelismos na situación catalana poden existir, pero pouquiños: a malfadada II República tiña á penas tres atoutiñantes anos, non era a democracia consolidada de arestora; Cataluña non gozaba dun réxime de autonomía como o de hoxe, etc. Así pois, endereitar a...

Cantata do Toní Cantó (e doutros)

Eu non lles tendo nada a dramatizar as cousas; por iso canto escoitei ao Toni Cantó dicindo que o castelán desaparecera de Galicia, escachei de risa e pensei no difícil que o tiñan os de Ciudadanos porque nunca deron, no noso, unha a dereitas, e agora, por riba, faltábannos ao respecto. En fin. Cousas da política,...

A contracorrente nas pensións

Unha das vantaxes de non estar na política activa, como ben sabe Solchaga, é que a liberdade de opinión, medra. É boa cousa non estar sometido ao politicamente correcto ou interesante -de interese- para obter votos. E son as opinión públicas, en continuo fluxo e refluxo en función dos ventos dominantes nos medios,...

A derradeira lección do mestre e Ourense

Seguramente sen a actividade dos ourensáns de Buenos Aires non tería existido o cadro “A derradeira lección do mestre” de Castelao. Pasa como co Guernica: hai unha razón primeira da realización do cadro antes de converterse nun símbolo, e unha evolución. Como sabemos, o Guernica foi un encargo do goberno da II...

Do Posío

As cidades vanse construíndo pouco e pouco. O pouso das cousas físicas e non físicas aséntase e crea imaxes do noso pensar e vivir o espazo e a xente. E debemos coidar esas imaxes de nós, mimalas, e non alterarlle a súa personalidade. Se cadra non viña mal que a Catedral tivese rematada a Claustra Nova e houbese un...

Certa canseira

Neste longo verán de tan bo tempo, cunha auga nas praias de temperaturas marabillosas, sen lumes forestais importantes, a verdade é que non comprei xornais, non vin televisión e estiven, na medida do posible, alleo á información pública. De todo non, claro, é imposible. Como imposible é non saber que o Cristiano...

Mapas e navegadores

Hai cousas que a informática acabará matando. Por un lado, pese a que de cando en vez se fale de revival, a música en formato dixital acabou coas casetes e LPs e singles. O ordenador, coa máquina de escribir. A información que anda na rede -tipo Wikipedia-, coas Larousses ou Británicas. A fotografía dixital...

Panen et circenses, de novo

Cando o escritor romano Juvenal, na súa Sátira X, ironizaba sobre o desinterese mutuo entre o mundo da política e o pobo romano dicía exactamente, e permíntanme o latín, que está ben de cando en vez sacar o avó do armario: “… iam pridem, ex quo suffragia nulli uendimus, effudit curas; nam qui dabat olim imperium,...

La Romántica

Se cadra La Romántica non ten ocupado moitas liñas na prensa, nin nas revistas gastronómicas ou turísticas. Pero é o restaurante popular máis exitoso e que máis alegrías en temas de cuchipanda leva dado aos ourensáns desde hai, a ollo, uns trinta anos. Eu -e gábome delo- fun dos clientes dos primeiros días, cando o...

O algoritmo e o diésel

Cando o científico franco-alemán Rudolf Diésel, alá contra finais do XIX investigaba os motores de combustión interna, lonxe estaba de pensar que o seu apelido actuaría como epónimo do tipo de combustible que usarían eses motores. Iso que sempre teño dúbida de se chamarlle “gasóleo” pola vella ou “gasoil” por...