As dúbidas do PSOE

Pedro Sánchez demostrou atrevemento pra presentar a moción de censura contra Rajoy. Unha iniciativa da que agora carece, cando necesita maioría pra aprobar os orzamentos pactados entre o PSOE e Podemos pra 2019. Fáltanlle votos porque non se atreve a abrir o prometido dialogo cos independentistas cataláns. Será por...

A guerra que o mudou todo

Ovindeiro 11 de novembro cumpriranse cen anos que rematou a Primeira Guerra Mundial, aínda que os pactos de rendición, asinados polas potencias triunfantes e Alemaña adiáronse até o ano 1919. Os acordos impostos a Alemaña, Austria-Hungría, e ao Imperio Otomano, implicaron pra estes estados duras sancións (redución...

Urxe mudar as regras do xogo

O conflito laboral colle folgos, tanto pola ameaza de peche de Alcoa na Coruña e a crise no hospital Povisa de Vigo, como pola reivindicacións de melloras urxentes. Por exemplo, a folga no sector de elaborados do mar, no marco da negociación do convenio colectivo; o paro dos PAC pedindo máis medios, pra unha...

A pobreza: síntoma ou parte do modelo?

A pobreza e exclusión é unha lacra que se mantén en porcentaxes moi altas, malia o incremento do PIB e do emprego, dacordo co 8º informe de EAPN (Rede Europea de Loita contra a Pobreza). Segundo este estudo no ano 2017 no Estado español (EE) un 26,6% da povoación estaba en risco de pobreza ou exclusión social. Na...

A proposta federativa de Lugo

O 17-18 de novembro cúmprese un século da aprobación do Manifesto Nacionalista de Lugo, unha data sobranceira na historia da Galiza. No Estado español governaba García Prieto, que formou parte dunha ringleira de executivos efémeros, moi condicionados pola guerra en Marrocos, sementada de desastres militares, ao que...

Facendo trampas coas estatíticas

Os últimos dados oficiais sobre as condicións de vida das familias na Galiza son ilusionantes, e glorifican aos partidos governantes. Segundo o IGE as familias que teñen dificultades e moitas dificultades pra chegar a final de mes diminuíron no último ano nada menos que 11,5 puntos. Alguén pode crer isto? máxime...

Pensións, a primeira vitoria

A aprobación na Mesa do Pacto de Toledo, practicamente por unanimidade, de que as pensións se revaloricen dacordo co IPC real é un paso adiante importante respecto desta cuestión, aínda que non suficiente. Moitos medios recoñecían, como non podía ser doutro xeito, que esta era unha vitoria gañada a pulso polos...

Brasil vivirá a esquerda?

As eleccións de outubro en Brasil son fundamentais pra o futuro dese país, xa que se gaña Fernando Haddad daríase unha viraxe á esquerda. Ademais fortalecería esta tendencia no resto de América Latina, xa que se sumaria ao triunfo de López Obrador en México. Estas son as dúas maiores economías ao sur dos Estados...

Persoas dependentes, contexto e necesidades

A poboación galega está avellentada, tanto pola mellora na calidade de vida e dos servizos sanitarios, como pola baixa natalidade. O retroceso demográfico responde ao papel subordinado do noso país no marco do Estado español, cun carácter secundario na cadea de valor, agás algunhas excepcións. Un exemplo témolo en...

Gracia, bo ou mal exemplo?

Mentres que Bruxelas cantaba vitoria respecto de Grecia, a Arxentina comezaba un novo calvario, coa drástica desvalorización do peso en relación co dólar, os xuros subían ao 60%, o desemprego atinxía un 10%, os ocupados informais chegaban ao 34,2%, e a pobreza abranguía o 33% da povoación. Será a de Grecia unha...

Galegos na defensa de Bos Aires

Hai pouco máis de dous séculos, os galegos tiveron un protagonismo importante en Bos Aires, cando esta cidade, de 45.000 habitantes, capital do Vicerreinado do Río da Prata, rexeitou por dúas veces a invasión das tropas británicas. Vexamos o contexto. Inglaterra cobizaba as colonias da Coroa de Castela, e tiña...

Visións estreitas, e interesadas

A Xunta bota peito destacando que Galiza cumpre como un alumno avantaxado todos os límites impostos polo Governo central. Unha actitude que choca coa doutras nacionalidades e autonomías, como Cataluña, Euskadi, Valencia, e suma e sigue, que ademais buscan dinamizar moito máis a súa economía re-negociando maiores...

A esquerda debate o tema migratorio

En Alemaña a cuestión migratoria está a debate en Die Linke (A esquerda).  Hai sectores do partido que afirman que a actitude diante do fenómeno migratorio é máis “moralista” que “materialista”, e destacan que “as fronteiras abertas en Europea tradúcense en competición por traballos mal pagados”. Con esta...

Bóveda e a Galiza mártir

Cando por vez primeira na miña vida, o 12 de abril, fun exercitar o meu dereito a voto e votei pola República non era pra min un fin, senón un medio, como un medio tamén é o Estatuto. Alexandre Bóveda expresase deste xeito nun manuscrito, reproducido parcialmente nun artigo de Marcos Valcárcel nun especial sobre...

A complexidade política do momento

Son das persoas que valora as estatísticas, coido que son un complemento importante daquilo que apreciamos na realidade, mais cando chocan co que vemos algo falla na súa realización. Por exemplo, as horas extra que reflicte a Enquisa de Povoación Activa (EPA) carecen de lóxica. Non se sostén que unhas 17 millóns de...

O Día da Patria como tarefa

Este ano o Día da Patria Galega tiña un significado especial, xa que se conmemoraba o 50 aniversario da realización da primeira manifestación posterior ao levantamento militar dirixido por Franco. Un golpe que suprimiu pola forza das armas a República e implantou a ditadura. Despois viu a longa noite de pedra, as...

Xogando ao póker coa guerra nuclear

Malia o control polo governo sirio do sur do país non se pode dar por rematada a guerra. Gran parte da fronteira norte, unha franxa no leste, e as zonas de maior produción petroleira están controladas por forzas rebeldes co apoio directo ou indirecto do exército turco, nun caso, e dos Estados Unidos, Reino Unido e...

Encontros galeguistas en Bos Aires

 Hai agora medio século, unha das forzas do nacionalismo galego xurdidas na década dos sesenta do século pasado, refírome a Unión do Povo Galego (UPG), mantivo dous encontros en xullo e agosto coa Irmandade Galega (IG) e co Consello de Galiza (CG) en Bos Aires. Hai que lembrar que neste mesmo período nace o...

Un xiro que transcende México

O contundente triunfo de López Obrador en México sen dúbida terá consecuencias sobre o panorama político Latinoamericano, malia a presión do Governo de Trump sobre a rexión. Neste aspecto, non se pode obviar a sucesión de golpes institucionais regresivos que se deron nos últimos anos, mesmo baixo o Governo de...

Un recuar demográfico sen fin

O retroceso demográfico do noso país debería ser unha cuestión prioritaria, mais só de cando en vez ocupa titulares e preocupa a responsábeis da autonomía, e a forzas sociais e políticas.  A esta altura pódese constatar que non é un problema que atinxe exclusivamente ás comarcas do interior, xa que é evidente...